DÍAZ CASTRO.
-Díaz Castro no Seminario de Mondoñedo.
O Seminario de Mondoñedo, vén contribuíndo ás nosas letras, dende hai séculos, cunha intensa achega, a través da “Escola de cantores do Natal”, coma a chamou Carballo Calero, na conferencia “A presenza dos Seminários da Igreja na literatura galega”, no 1980, conmemorativa dos 150 anos do Seminario de Santiago. Eles mantiveron o noso idioma en séculos de seca na escrita. Ata hoxe é o centro eclesiástico con máis escritores no seu haber. Porque, coma advertiu o profesor de clásicas, Andrés Pociña: "unha cidade rica en latín ten moitas posibilidades de ser tamén rica en bos escritores. A razón é esa cultura que se move no Mondoñedo de tempos pasados, arredor do Seminario… Daquela, non é estraño que xa en tempos anteriores ó Rexurdimento da literatura galega, tivera Mondoñedo poetas en galego" .
-¿Onde queda Mondoñedo?
No hay comentarios:
Publicar un comentario