Páginas

viernes, 16 de mayo de 2014


ALFA E OMEGA

Foi o comezo do tempo un berro de sede dende a lus.
A vocación do mundo é subir antre cadavres
por un camino de sede lusquefús.

A espranza do mundo é o amor consumido de sede
na consumación da crus.
A fin suprema do tempo é un estalido de gloria na lus.


BORALLO

¡ Ave, césar, ei!
Ti fas e desfás:
No hai copa nin reino
Vedados pra ti,


¡ por quen choran tóda-
las estrelas xa
sobre a cinza horrible
do que arde usen lus!


COMA BRASAS

Poeta eu non, eu cantarei as cousas
que na soleira de min mesmo agardan.
Alumarei con fachas de palabras,
ancho herdo meu, o mundo que me deron.


Eí están, coma brasa contra a noite,
as vellas cousas, cheas de destinos.
Ollos que piden, de famentos nenos.
Ollos que esperan, dunha adoescente.


¡Galiza en min, meu Deus, pan que me deron,
leite e centeo e soño e lus de aurora!
Longa rúa do mar, fogar da terra,
e esta crus que nos mide de alto a baixo.


Con este alento, eu lles darei ás cousas
o drama cheo que lles nega a vida:
dareilles rostos, para que se conozan,
palabaras lles darei para que se entendan…

No hay comentarios:

Publicar un comentario