A Cerna |
Hase de amara a cousa hastra a sangue. O verdadeiro amor enferra en neve, ara nun mar de rosas suco leve, ai pro acudulla en sangue. Tinguéuseche o machado en sangue loura. ¡ Ai como, cernador, doi a batalla cos que un ama!¡ Que moura é a sombra moura do machado na galla! Despida contra o ceo A Que Non Fala, a póla firme coma un xuramento, berra nos dentes do machado e estala e tordea no vento… Sobre os cómbaros dondos coma un velro, sobre as cornas dos boi, sobre o camino, a fraga berra, coucorexa o melro, cai arroulando un niño… Eu vinte contra o sol, nunha hora tola, Abrazado ó teu toro, derregando a traxedia de Deus. ¡ Doinos a póla, pro seguimos cernando! Hastra que caia a derradeira estrela, cairá o machado en carne que choramos, no soño puro de deixar máis bela unha vida que amamos. |
A noite é... |
Hai homes cheos de sombra, homes a contralús que che fan ver a Deus coma unha mar de lus. A Noite é necesaria pra que ti poidas ver sobre o medo e o mal as estrelas arder. |
Ai capitán. |
¡Chorar, chorar, mentres o barco rompe contra o solpor, na noite! A túa pipa non verán meus ollos fomegar máis; nin o teu riso, para sempre inmenso abrente na mar. Lume che din, cinza me queda. ¿Cinza, capitán! Soia a sirea do teu barco toda a eternidá. Fume nos ollos, area fría nas miñas maus. E en boca que perdín, a longa pipa fumando a miña vida, capitán. ¿Chorar, chorar, como sempre choraron as mulleres, ai capitán, con barcos ou sen eles! |
No hay comentarios:
Publicar un comentario