Poemas de nimbos de Díaz Castro. Coma unha espada Tódolos ríos pasan pola miña alma, cheos de Deus, música e lapas. Tódalas pombas fan o meu amor. A beleza feriume para sempre. Ó traveso da escura teadaraña deste mundo unha estrela cai no río da miña vida é quedáme chamando. A beleza feriume para sempre. En cada vez eu oio unha chamada cun longo eco de adeus que non entendo, pro que me fire coma espada ardendo. A beleza feriume para sempre. E as falopas dos anos van caendo sobre a sede inmortal e os ollos tristes, ¡pro no enterran a boca da ferida! A beleza feriume para sempre. |
Cortina Diante el unha muller, doce feitura, e un fillo criado, única victoria. Tras del fragas zuando, paus, loucura, e mozas coma rosas, longa historia. Ei farruco da Rolda: Dáme lume. Terma aínda da lus que antre nós arde, ¡ Pro non! Non tento máis que pedra e fume, e en toda cousa se meteu a tarde. Nesa tarde cargada de lorbagas veu o Silencio. Xa tras del as fragas, perdidas coma ovellas, a zuar. Tras del o fillo, a casa e a muller. Morreu. Os bois volveron a pacer e tralo arado as pegas a brincar… |
Cova alumada ¡ Cruel, cruel, cruel Realidade!¡ Ai laio sobre o escombro dun soño que non se erguerá máis! Para aló do mundo, un sol Sen noite nin historia busca a ruina esquencida e énchea toda de gloria. |
viernes, 16 de mayo de 2014
Poemas de nimbos
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario