Páginas

viernes, 18 de octubre de 2013

#lalinsenviolencia





Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Concello de Lalín, a
través da Oficina de Igualdade, convoca o II concurso de tuits que ten por finalidade incrementar a
concienciación e sensibilidade da sociedade ante esta gran lacra social.
Tuits contra a violencia de xénero. Son mensaxes, lemas ou expresións de repulsa contra a violencia de
xénero que se realizan a través da rede social twitter e a súa extensión máxima é de 140 caracteres.

BASES DE PARTICIPACIÓN

1. Poderán participar todas as persoas que así o desexen. Cada persoa poderá envíar un máximo de
tres tuits.
2. Os tuits que participen no concurso deberán incluír o hastag #lalinsenviolencia e facer mención a
@eigualdad e un duplicado a @ConcellodeLalin
A identificación persoal da autoría do tuit realizarase unha vez emitida a resolución do xurado. A
persoa seleccionada deberá responder no prazo de 48 horas ao contacto da Oficina de Igualdade.
Se transcorrido ese tempo non houbese resposta entenderase que renuncia aos seus dereitos.
3. As persoas que presenten os seus tuits ao concurso serán responsables da orixinalidade e autoría
dos mesmos.
A Oficina de Igualdade do Concello de Lalín resérvase o dereito de publicar e difundir os traballos
presentados, fosen premiados, ou non.
4. A presentación dos tuits poderá realizarse desde o día da publicación destas bases na páxina web
do Concello de Lalín www.lalin.org até o mércores 13 de novembro de 2013.
5. A Oficina de Igualdade nomeará un Xurado integrado por cinco persoas, que será o encargado de
avaliar os tuits presentados. As persoas que formen parte do Xurado terán experiencia en temas
relacionados coa violencia de xénero, a igualdade entre mulleres e homes e o uso das TICs.
Procurarase que exista unha presenza equilibrada de homes e mulleres no xurado.
6. Os criterios de valoración para elixir á persoa gañadora serán: o contido e tratamento do tema, a
orixinalidade e a capacidade de impacto da mensaxe.
7. O xurado emitirá o fallo antes do día 22 de novembro, que se fará público na páxina web do
Concello de Lalín e en twitter, e no que designará o mellor tuit e os finalistas.
8. O premio para a persoa gañadora consistirá nunha Tablet Android 10”.
Tamén se outorgará un diploma acreditativo ás cinco persoas finalistas. A persoa gañadora recibirá,
se é posible, o seu premio nun acto público.
O premio poderá ser declarado deserto e o fallo do xurado será inapelable.
9. A presentación dun tuit á presente convocatoria supón a aceptación plena das presentes bases.
Calquera circunstancia non contemplada nas mesmas, será resolta polo xurado con carácter
inapelable.

No hay comentarios:

Publicar un comentario